sábado, 13 de septiembre de 2008

Dinamización de las TICS en los centros

Os copio un artículo sobre el tema sacado de: http://ticblog.wordpress.com/2008/09/12/regresando-as-orixes/

Regresando ás orixes

Non durou demasiado a emigración virtual. Comentaba nela que cando se desen condicións favorables para as TIC no meu centro, este blogue volvería ser o do coordinador TIC.

Non é que as condicións mellorasen demasiado, pero algo si.

O feito de que se anotasen para dinamización TIC 17 profesoras/es e que contemos con dúas sesións semanais dentro do horario lectivo para dinamizar as TIC representa unha mellora que, se ben noutras comunidades autónomas puidese parecer pouco significativa toda vez que aquí non se incrementaron os medios tecnolóxicos, a min resúltame suficiente como para regresar ás orixes e volver utilizar este blogue para coordinar as TIC no CPI.

Xa que tamén temos aberta a rede Ning, en modo privado, para o profesorado do centro serán dúas referencias fundamentais para coordinar e aprender todo o que poidamos.

O desexo de incorporar as TIC ao ensino é moi forte e agora somos máis profesoras e profesores con ese obxectivo.

Ademais, Román volve estar connosco.

1 comentario:

Anónimo dijo...

que gusto ver algo en gallego, jejeje!!!